O candidato socialista á Alcaldía de A Illa, Luis Arosa, propón a creación dun Plan Integral do Tráfico que permita redeseñar o tráfico rodado no munipio e apostar pola recuperación do espazo público. Esta iniciativa enmarcaríase dentro do Plan de Mobilidade Urbana Sustentable, co obxectivo de priorizar a seguridade dos peóns no seu tránsito polas rúas e favorecer o uso da bicicleta.
O actual edil asegura que incluirá no borrador as suxestións que lle trasladou a veciñanza nos encontros mantidos nas pasadas semanas para "facer unha Arousa máis segura".