O Festival Costa Feira, en Sanxenxo, comezou onte a súas citas coa boa música. Se onte foron os grupos Malmoö 040 e os imparables Black Eyed Peas os que fixeron vibrar o escenario, hoxe é o turno de Inazio e Andrés Calamaro. Para esta cita aínda quedan entradas á venta.
Este festival traerá, despois destas citas e durante todo o mes de agosto, concertos de referencia. Entre as bandas e solistas que se poderán escoitar destacan voces coma a de Pablo Pérez, Loquillo, Coque Malla ou as rimas de Natos y Waor.