O BNG de Cambados propón un columbario laico municipal e unha zona de volei praia

O BNG de Cambados propón un columbario laico municipal e unha zona de volei praia
Membros da candidatura do BNG na presentación do programa electoral | Gonzalo Salgado

O BNG celebra mañá unha festa fin de campaña e onte presentou o seu programa definitivo, incluíndo as demandas recollidas das reunións veciñais, que remataron esta semana. Unha das súas propostas máis novedosas é a creación dun columbario municipal laico no entorno da Pastora, que solvente “o problema cos cemiterios, xa que a Igrexa non quere ceder”, expuxo o seu candidato, Liso González. Engadiu que a súa acción de goberno xira sobre estes eixos: a organización interna do Concello, cun “orzamento axustado ás necesidades reais, rachar coa división entre o centro e as parroquias e que os veciños sexan os protagonistas”.


Outras cuestións son o seu xa anunciado proxecto urbanístico para xerar vivenda, aparcamento e reformar a fachada do litoral, así como unha área recreativa en Espiñeira, onde conflúan as sendas litorais que van ampliar, e un observatorio de igualdade para que os colexios e IES sexan parte activa na súa defensa e na loita contra a violencia de xénero. 


En infraestruturas deportivas, unha das necesidades que todos os partidos sinalan, o alcaldable aposta por crear pistas multideportivas no Pombal e unha zona de volei praia, que é unha “demanda do XAV”. Non obstante, considera que “non é o momento de máis pavillóns” e aposta por potenciar as instalacións existentes, como abrir ás dos centros educativos. “Hai que ter conciencia do que podemos manter”, apunta. 

O BNG de Cambados propón un columbario laico municipal e unha zona de volei praia

Te puede interesar