O Concello de O Grove anuncia que na xornada de mañá, festivo polo Día das Letras Galegas, realizarase o pintado das fases un e dous da obra de humanización da rúa Alexandre Bóveda, que corresponde a un treito de 350 metros na intersección entre as rúas Brañal e Caraballeira e a glorieta do Padeo de Esteiro.
Desta forma, o Concello recorda que non se poderán deixar aparcados os vehículos neste treito durante estas labores e que tampouco se poderá entrar nin saír cos coches dos garaxes mentras non se produza o secado da pintura.
Así mesmo, a partir do xoves habilitarase un novo itinerario alternativo para o tráfico lixeiro mentras non conclúan os traballos da última fase, cuxa execución se prevé a finais de maio. Este novo itinerario permitirá que os coches poidan pasar a través da Rúa Carballeira cara a Alexandre Bóveda, a través do cruce coa Rúa Brañal, ata chegar á glorieta do Paseo de Esteiro.
Así mesmo, para unha mellor optimización da circulación, a Rúa Terra de Porto cambiará de sentido de circulación.