Manuel Abuín “Piris” deixou fai uns anos a presidencia dos colleiteiros do tinto, pero a súa vida segue ligada á festa e a este viño e, por elo, na presentación dos festexos deste ano, o rexedor, David Castro, protagonizou unhas palabras no seu recoñecemento e en homenaxe aos antigos organizadores, posto que sen eles non se tería chegado ao cincuenta aniversario.
Unha cincuenta edición do Tinto supoño que é moi emotivo...
Levamos moito traballo para que arrancara, recoñecéronolo despois de corenta anos e fíxose o que había que facer: Nós xa eramos maiores e tiñamos que ir deixando os bártulos. Ademais, teño que darlle un aplauso tremendo á xente nova que entrou agora, porque o están facendo de gloria.
As previsións dos organizadores e do Concello son moi altas en canto á afluencia...
As expectativas son tremendas, están falando de unhas oitocentas persoas só para o Xantar de confraternización... E queren aumentalo, creo que o local non vai dar para tanto (ri).
E o viño? Hai suficiente para toda esa expectación?
Viño hai, bo e moito. A colleita que estamos catando agora foi moi abundante e, a parte, de moitísima calidade.
Tras os últimos anuncios, cres que é máis posible a legalización do viño?
Eu penso que agora que se meteu a política por medio vai a ser o paso definitivo. Non digo que vaia ser este ano ou o seguinte, pero vai a estar legalizado. Aínda que xa non tiña que ser ilegal, porque é un viño que se leva colleitando desde o ano 1982.
Falabamos antes do relevo xeracional, veuse máis implicación polo cincuenta aniversario?
A implicación vese máis a nivel da festa (ri). Pero a xente nova algo ten que facer e, para os que non teñen outro oficio, o viño tamén da un soldo bo.