Matías Cañón preséntase como única alternativa para levar a cabo unha “reactivación total” no Concello

Matías Cañón preséntase como única alternativa para levar a cabo unha “reactivación total” no Concello
Un momento do acto desta tarde no auditorio | Gonzalo Salgado

Matías Cañón presentou esta tarde a súa candidatura nun concorrido acto no que tivo apoio de Gonzalo Durán, alcalde de Vilanova, e Luis López, presidente provincial do Partido Popular. 


Na súa intervención, Cañón denunciou a “deixadez e o abandono” de A Illa por parte do goberno local e fixo fincapé en que o municipio “necesita unha reactivación total para converterse nun concello con máis comercio, máis hostalería, máis actividade... Porque, tristemente, mentres outros avanzan, A Illa vai a menos”. Ante isto, presentouse como a única alternativa para o cambio, para o que necesita maioría absoluta, “porque do contrario, o pacto entre PSOE e BNG está feito”, afirmou.


Entre as súas propostas, o alcaldable destacou o pavillón deportivo “que xa non pode esperar máis”, a remodelación do paseo do Cantiño, o paseo marítimo desde O Regueiro ata A Abilleira, a Casa da Xuventude ou o Centro para os Maiores, entre outros.


Nos primeiros postos da lista acompañarán a Cañón Tamara Nieto, Rubén Rial, Miguel Paz e Noelia Feijóo.

Matías Cañón preséntase como única alternativa para levar a cabo unha “reactivación total” no Concello

Te puede interesar