O obradoiro de emprego A Lanzada V acolle a cata HG&T Transfronteiriza de viños brancos

O obradoiro de emprego A Lanzada V acolle a cata HG&T Transfronteiriza de viños brancos
A cata celebrouse no centro vacacional da Deputación | Cedida

O Obradoiro de emprego A Lanzada V acolleu esta mañá, nas instalacións do centro vacacional da Deputación, a Cata Transfronteiriza HG&T (revista Hostelería Galega & Turismo) de viños brancos elaborados no eido vitivinícola do cadrante noroeste ibérico e frente atlántico peninsular. 


A actividade contou coa colaboración de Emgrobes, con Pablo Agrelo como dinamizador, e a disposición da directora do obradoiro, Esmeralda Blanco, para acoller la cata, que funcionou como unha práctica real para a vintena de alumnos-traballadores en formación.


Os máis de 150 viños brancos galegos, españois e portugueses foron avaliados en rigorosa cata cega por un panel de expertos conformado por membros das asociacións galegas de enólogos e sumilleres, así como por representantes do sector vitivinícola e consumidores.


Así mesmo, ao remate, os membros do xurado puderon probar uns petiscos elaborados polos alumnos do obradoiro co mexillón como protagonista. Os resultados da cata plasmaranse na entrega de xuño da revista de HG&T.

O obradoiro de emprego A Lanzada V acolle a cata HG&T Transfronteiriza de viños brancos

Te puede interesar