A RAG visitará Boiro e A Illa para rescatar o seus microtopónimos

A academia indica que case todos os seus nomes propios seguen pendentes de recoller
A RAG visitará Boiro e A Illa para rescatar o seus microtopónimos
O presidente, Víctor F. Freixanes, o secretario xeral, Valentín García, e o filólogo Vicente Feijoo na presentación | RAG

A edición deste ano da campaña de divulgación da toponimia galega “Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra” parará en 12 concellos, entre os que están Boiro e A Illa de Arousa. A iniciativa da Real Academia Galega pretende que non se perdan nomes de montes, leiras, fontes, camiños, regos e devesas... propios destas vilas donde “apenas se actuou cando estaba activo o Proxecto de Toponimia de Galicia (PGT 2000-2011)”. De feito, “practicamente toda a súa microtoponimia segue pendente de recoller”, sinalaron hai uns días dende a institución, na presentación da iniciativa xunto á Secretaría Xeral de Política Lingüística que a financia. 


Así, o propósito e sumar máis colaboradores –tanto particulares como entidades– que fagan aportacións á plataforma Galicia Nomeada e á súa aplicación para dispositivos móbiles, pois hai poucos destes concellos dados de alta nela. Para conseguilo, ofrecerase unha charla que, no caso da Illa de Arousa e de Boiro terá lugar o 18 de outubro e o 8 de novembro, respectivamente. Durante estas intervencións, ademais de evitar o risco de perder todos estes nomes “por mor da transformación do modo de vida tradicional”, os expertos falarán sobre a orixe do significado de máis de 1.300 topónimos pertencentes a estas vilas. 

 

Destaca Rianxo

Dende que Galicia Nomeada empezou a funcionar, en 2019, achegáronse máis de 76.000 microtopónimos que son revisados polo Seminario de Onomástica e Rianxo foi un dos concellos que más achegas fixo, con 2.259. 

 

 

A RAG visitará Boiro e A Illa para rescatar o seus microtopónimos

Te puede interesar