Un ribadumiense dá positivo no test de drogas tras envorcar o camión con polos que conducía

Un ribadumiense dá positivo no test de drogas tras envorcar o camión con polos que conducía
Unha imaxe do operativo tras o accidente | Garda Civil

O condutor dun camión cargado de polos envorcado o pasado venres nun accidente tráfico en Silleda deu positivo no test de drogas, confirmou hoxe a Garda Civil.


Trátase dun veciño de Ribadumia, de 54 anos, ao que se lle practicaron as probas de alcoholemia e droga. Na primeira deu negativo, pero na segunda deu positivo indiciaron en THC, psicoactivo do cánnabis. Este positivo está pendente da necesaria confirmación posterior en laboratorio. 


De confirmarse, suporía unha infracción moi grave, castigada cunha sanción de mil euros, cincocentos coa reducción por pronto pago, e a retirada de seis puntos do carné. 


O condutor manifestara no punto atoparse ben e non precisar atención médica. 

Un ribadumiense dá positivo no test de drogas tras envorcar o camión con polos que conducía

Te puede interesar