O Concello de Vilanova anunciou que iniciará as obras da primera fase —das tres que se plantean no proxecto— da senda litoral de As Patiñas ata o límite co municipio veciño de Cambados. Ademais, asegura que se están levando a cabo as expropiacións dos terreos necesarios para a súa execución, para o que se mobilizou unha partida de 70.000 euros para a compra das parcelas. O treito de actuación nesta primeira fase é duns 200 metros e será cofinanciado ao 90 % pola Xunta tras unha subvención de 80.000 euros de Turismo de Galicia. O itinerario será de tres metros de ancho e será dunha composición de cemento mezclado con xabre co fin de que os gastos por mantemento non sexan excesivos.
O alcalde, Gonzalo Durán, reclama ao Concello de Cambados maior implicación para que a senda sexa unha realidade o próximo verán.