“Xuntos por Ribadumia” se presenta a las elecciones y sitúa al ex del PP José Manuel Sotelo al frente de su gestora

“Xuntos por Ribadumia” se presenta a las elecciones y sitúa al ex del PP José Manuel Sotelo al frente de su gestora
El presidente de la gestora y su primera vocal, María Rocío Rodríguez, con los estatutos de la formación | cedida

Es oficial. Xuntos por Ribadumia da el paso y se presenta a las elecciones, como nuevo actor político en el municipio. La directiva tomó cuerpo a última hora de esta tarde en una asamblea en la que se presentó la gestora, que está encabezada por José Manuel Sotelo Fontenla. La primera vocal es María Rocío Rodríguez Cordal. Ambos formaron parte de la lista electoral del PP de 2019, de número 11 y 13. La previsión es que en unos días se anuncie al candidato. 


“Estamos cansos de ver como o devir do noso concello se decide por intereses que nada teñen que ver con resolver os problemas e inquedanzas da nosa veciñanza”, valoran desde el nuevo partido. “Queremos devolver á política o espírito co cal naceu: O diálogo, a tolerancia, a moderación, e a resolución eficaz dos problemas”. Un proyecto que nace “empurrado pola necesidade que nos transmitiron” los vecinos, que “queren ser representados por un grupo que busca o benestar do Concello, o traballo ben feito”, “lonxe de políticas de despacho que buscan intereses propios por riba dos de Ribadumia, ou de algunha man que move fíos dende a sombra ó seu antoxo e polo seu interese”. 


Xuntos da el paso en plena fractura de la derecha tras la polémica abierta en el PP, con sus concejales criticando la lista de Castro, fundamentalmente de antiguos independientes. 

 

Este es el comunicado íntegro hecho público hoy por la formación: 

Hoxe presentamos oficialmente o noso proxecto, Xuntos por Ribadumia.

Un proxecto que nace empurrado pola necesidade que nos transmitiron moitas veciñas e veciños de Ribadumia, que queren ser representados por un grupo que busca o benestar do Concello, o traballo ben feito e unha política afín ás súas necesidades, lonxe de políticas de despacho que buscan intereses propios por riba dos de Ribadumia, ou de algunha man que move fíos dende a sombra ó seu antoxo e polo seu interese.

Un equipo no que todas as ideoloxías políticas teñen cabida, porque a solución ós problemas das nosas xentes non teñen cor, e estamos cansos de ver coma o devenir do noso Concello decídese por intereses que nada teñen que ver con resolver os problemas e inquedanzas da nosa veciñanza.

Queremos devolver á política o espírito co cal naceu: o diálogo, a tolerancia, a moderación, e a resolución eficaz dos problemas da sociedade. Queremos ser dinámicos, porque as inquedanzas e as necesidades da sociedade varían cos tempos, e as políticas dos 80 xa non son útiles, e estancan o progreso. Ademáis, Ribadumia é un concello maioritariamente rural, cunha ubicación no corazón do Salnés que a convirten nun nicho de futuro. O noso Concello ten tantas posibilidades de crecemento que é inxusto o estancamento ó que se veu abocado nestes últimos anos. E queremos facelo sobre os pilares da transparencia, do traballo, da honestidade e os valores que consideramos que están perdidos na política actual.

Este último mandato en Ribadumia deixou clara cal é a forma errónea de gobernar, perdendo importantes subvencións que, para un Concello de 5.000 habitantes, son de vital importancia. Un goberno de improvisación, de favores, e que descoida o benestar e o bo funcionamento dos servizos municipais e os seus empregados. Queremos neste sentido humanizar a labor dos servizos municipais, e adaptalos ás actuais necesidades.

Estamos rematando de elaborar un equipo que conxuga a experiencia de persoas que levan anos traballando na política local coa ilusión e as ganas por traballar de novas caras, para dar solución ó xa exposto e a moitas outras cuestións que consideramos de vital importancia. Queremos chegar a tódolos colectivos, asociacións, clubes e demáis agrupacións do Concello para coñecer de primeira man as súas necesidades. Queremos escoitar a cada veciña e veciño que teña algo que dicir. E queremos conseguir inversións para Ribadumia, e non perdelas por un traballo e unha xestión mal feitas, ou excusándose en que as administracións fan un uso partidista dos fondos públicos.

Queremos, en definitiva, que o vindeiro 28 de Maio os Ribadumienses teñan a posibilidade de escoller unha papeleta na que se sintan representados eles mesmos, e non unha gran marca allea ós nosos problemas.

Unha opción, en definitiva, que hoxe está “CONTIGO MÁIS QUE NUNCA”.

           O presidente de Xuntos por Ribadumia,

           José Manuel Sotelo Fontenla.

“Xuntos por Ribadumia” se presenta a las elecciones y sitúa al ex del PP José Manuel Sotelo al frente de su gestora

Te puede interesar