E se a xente non foi idiota?

Falaron as urnas, que é o que sempre afirmamos que e o obxectivo último. E falaron claro. O PP gañou novamente unhas eleccións galegas con autoridade e demostrando unha capacidade electoral implacable digna de felicitacións e de recoñecemento. A proba de manifestacións, eslóganes máis ou menos afortunados, vontades combativas e campañas proclamadas como históricas.


Non gañou o BNG, pero obtivo resultados que o fortalecen e que amosan que a paciencia e o traballo a longo prazo da resultados. Merecen tamén uns razonables parabéns, probablemente agridoces, pero que recoñezan unha intelixente campaña que deu voz a unha persistente loita contínua.


Saímos mal parados os socialistas, como consecuencia dunha inestable e cainita maneira de organizarnos que nos fai esquencer que Galicia non son unhas eleccións xerais do Estado, que ser oposición é diferente a ser goberno e que primeiro debemos camiñar con firmeza para logo empezar a correr.


Lonxe, moi lonxe, calquera outra opción. E si, houbo voto útil (sempre hai), houbo desprazamentos (sempre hai) e houbo resistencias (sempre hai).


Pero é un resultado lexítimo que debe facer entender que o cidadán ten un só voto, e ao final vai ponderar todo para emitir un só xuizo. Non por barrios ou sectores. Un só. Así que non vale ser a segunda opción de moitos.


Tampouco valen (ogallá comprendamos dende a esquerda) as políticas electorais de vasos comunicantes, e son insuficientes as loitas sobre a pancarta que da para facer mellor ou peor oposición, pero non goberno.

 Asumamos que se non convencemos a unha franxa de votantes que hoxe abstéñense ou votan á dereita nada hai por facer, porque o cidadán que vota pensa no seu goberno futuro. E podemos crer o que queiramos, pero a xente non é idiota aínda que o día dos resultados haxa moita pistola rápida disposta a contar que os que votan aos outros é que non son tan listos coma nós. Non vaia a ser que os outros pensen o mesmo.


Post-Data: Que a xente non é idiota aplícase sempre. En todas as eleccións e coa mesma consistencia. Non vaia ser que, ao final, alguén queiran facer pasar por idiotas aos demáis.

E se a xente non foi idiota?

Te puede interesar