Gadis celebra o Día das Letras Galegas coa posta en valor da creatividade de novos talentos

Gadis celebra o Día das Letras Galegas coa posta en valor da creatividade de novos talentos
Presentación da iniciativa de Supermercados Gadis para o vindeiro 17 de maio | Santiago Ortiz

Gadis únese, un ano máis, á conmemoración do Día das Letras Galegas, o 17 de maio, co propósito de chegar ao maior número de personas e a perfís de público moi diferenciados, de ahí que poña en marcha novas iniciativas para apoiar a cultura galega nas súas diversas manifestacións. 


A compañía elixiu este ano un innovador formato para publicar: un fanzine, no que visibiliza o talento de doce profesionais emerxentes da ilustración e da banda deseñada, resaltando o potencial destas disciplinas artísticas coma linguaxe universal nunha época na que a cultura visual forma parte da vida cotiá da sociedade. 


Desde o título escolleito, ‘Tirabeque’, pasando polo deseño con ilustracións, debuxos e textos cargados da retranca tan característica de Galicia, o fanzine reflicte imaxes e situacións reais cunha visión humorística para atrapar aos lectores. Unha fórmula de divulgación cultural cercana para chegar a todos os públicos.


Todos os Supermercados Gadis de Galicia agasallarán aos seus clientes con 30.000 exemplares de ‘Tirabeque’, ata fin de existencias, o próximo martes 16 de maio. Ese mesmo día, repartirá 30.000 marcapáxinas en galego, nos que se rende homenaxe á figura de Francisco Fernández del Riego e regalará 30.000 bolsas de papel reciclado para que a cultura galega chegue a miles de fogares.


Outra das novas da compañía de supermercados é o convenido asinado coa Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para potenciar a utilización do galego nas plataformas dixitais. 


A empresa lanzará un concurso de vídeos creativos en TikTok este verán, no que se premiarán as mellores pezas en diferentes disciplinas: arte, música, audiovisual e poesía. 

Gadis celebra o Día das Letras Galegas coa posta en valor da creatividade de novos talentos

Te puede interesar