Juan Manuel Rey | “O futuro pasa por novos proxectos e liderazgos”

Juan Manuel Rey | “O futuro pasa por novos proxectos e liderazgos”
O alcalde caldense, Juan Manuel Rey, posa na Ponte da Ferrería | Mónica Ferreirós

O PSOE de Caldas celebrou no día de onte os seus 45 anos de goberno na vila termal, nos que Juan Manuel Rey leva case 30 como concelleiro e, en decembro, cumprirá 18 como rexidor. O socialista recorda os proxectos máis transcendentais da súa dilatada traxectoria ao frente do Consistorio e avanza algunhas das chaves do futuro do actual mandato.

 

O PSOE celebra esta semana 45 anos de goberno ininterrumpido na vila, cales cres que son as chaves para que se dera esta feito?
A xestión. Despois de 45 anos pódese decir que superamos as nosas propias previsións, sendo xa ambiciosas. Refírome, por exemplo, ao instituto, que en 1979 era algo impensable. Esta é a nai de todas as batallas. Logo ven asociado a un moi bo pavillón e unha piscina cuberta, algo que a maioría dos pobos de 10.000 habitantes aínda non teñen e que é un servizo que nós temos desde fai uns corenta anos. Por iso, penso que a clave destes 45 anos de goberno se basa na xestión e na cercanía coa xente.

 

No teu caso son xa 18 os anos como alcalde, como cambiou a política neste período? Cales consideras que son os maiores fitos deste tempo?
A sociedade evolucionou moitísimo nestes anos e a forma de facer política é un reflexo delo. Na actualidade hai que perfilar moito máis as decisións e as prioridades cambiaron. Non é máis difícil facer política, pero é distinto. Hai proxectos que cando se lograron sentinme enormemente feliz, como a Escola de Música, que hoxe en día é máis un conservatorio que unha escola, ou a adquisición da finca de Fenosa, conseguir unha accesibilidade integral a Caldas, o paseo fluvial e a Vía Verde... Momentos nos que un se sinte moi enganchado a política.

 

En canto ao actual mandato, que balance farías deste primer ano e medio?
O balance é óptimo. Neste momento estase facendo en Caldas a ampliación do instituto, a parcelaria de Bemil, están aprobados un millón e medio de euros para a remodelación da Carballeira, acábase de inaugurar un parque infantil de última xeneración na Plazuela, está a punto de saír a disposición pública o proxecto medioambiental da variante... Unha morea de proxectos que determinan que está sendo un dos mellores mandatos.

 

E os proxectos futuros...
Pois todos pasan por acadarse nun corto periodo de tempo: firmar o convenio do novo centro de saúde, a variante —unha vez queimadas as etapas administrativas—, en breve iniciaremos a contratación da mellora da Carballeira, estamos tamén ultimando, a través dun plan estratéxico que vai sacar a Deputación, a remodelación do anel de Campo da Torre, San Roque e Gaioso, que se presentará en breve; igual que está pendente de adxudicar unha ringleira importante de saneamentos no rural.

 

Como é a relación co resto das administracións logo das polémicas polo centro de saúde ou a Travesía de Doña Urraca?
Son circunstancias vencelladas a estes proxectos concretos. Nós entendemos que, ao igual que ocurre co instituto, os traballos do centro médico pódense empezar xa. Estamos cumprindo ao 100% o convenio que, ademais, remitiron eles, independentemente que temos que seguir dando trámite a esas circunstancias. Con respecto á Travesía de Doña Urraca, desde o Ministerio de Interior din que esa cesión de terreos é factible, pero que debe ser solicitada pola Deputación, para que sexa un trámite directo. Estamos pendentes de manter unha reunión cos responsables da Deputación para darlle traslado de esta información e seguir queimando etapas para acadar a mellora desta rúa. Todo isto non paraliza o proxecto do centro médico, porque hai marxe dabondo, só depende da voluntade política.

 

Os gobernos de coalición sempre son complicados, como é o traballo do bipartito?
É o que determinou o pobo, que quixo un goberno de coalición. Teño que decir que tendo en conta de onde viñemos ambas formacións no pasado, a situación é bastante boa. Hai que facer sempre algunhas correccións, sobre todo de coordinación, que as veces non se dan.

 

Algúns concellos da comarca están pasando un momento delicado no económico pero non é o caso de Caldas...
Eu presumo que as contas de Caldas pódense explicar na Universidade. Levamos desde o 2011, o que supón tres mandatos e medio, sin tocar os impostos nin as taxas. Por otra parte, estamos pagando aos provedores por debaixo dos trinta días e non hai ningunha débeda, un dos poucos concellos. Ademais, temos un remanente importante que lamentablemente non nos deixan gastar. A situación económica do Concello de Caldas probablemente é a mellor da provincia.

 

No referente aos impostos, o do lixo actualizarase polo canon de Sogama?
As cousas que por lei se teñen que facer hai que facelas. Remetiremos unha carta aos veciños explicándolles o por que desta subida. Poderiamos soportar a duras penas ese incremento desde os fondos, pero o legal e o obligatorio é que ese servizo se pague entre todos os veciños. Estamos estudando de que forma se repercutirá e intentaremos que sexa o máis liviano para os veciños. En calquera caso, seguiremos sen incrementar o resto de impostos.

 

Aínda é cedo para falar de elo, pero xa pensou nas próximas eleccións municipais?
É evidente que estamos nun momento de cambio. É necesario pensar no futuro e pasa por novos proxectos e novos liderazgos.  Nos próximos meses teremos que pensalo. Este inicio de traballo no instituto e a certeza de que máis cedo que tarde se firme o convenio do centro médico fai que me sinta especialmente contento con este final político. 

Juan Manuel Rey | “O futuro pasa por novos proxectos e liderazgos”

Te puede interesar