Premian os proxectos de rapaces de Ribeira, Catoira e Cuntis por dar a coñecer e dixitalizar a tradición galega

Premian os proxectos de rapaces de Ribeira, Catoira e Cuntis por dar a coñecer e dixitalizar a tradición galega
A gala de premios tivo lugar esta tarde en Santiago | Cedida

O Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Xunta de Galicia, recoñeceron, a través da iniciativa Argallando.gal, a contribución de participantes de Catoira, Cuntis y Ribeira para dar a coñecer e dixitalizar a tradición galega. Na procura da colaboración interxeracional para a resolución de diferentes retos tecnolóxicos, desenvolvéronse 28 sesións de ensinanza tecnolóxica (de deseño e impresión 3D, programación, robótica, drons e realidade virtual), dirixida a rapaces de entre 12 e 18 anos, entre os meses de setembro e outubro polas diferentes aulas Cemit de Galicia que voluntariamente solicitaron participar, sendo premiados rapaces das aulas de Catoira, Cuntis e Ribeira.


Os equipos participantes no certame desenvolveron proxectos creativos nos que se fusiona a cultura máis ancestral coa tecnoloxía máis vangardista, aportando diferentes puntos de vista e coñecementos segundo as súas idades. No caso dos premiados de Catoira, Cuntis e Ribeira, participaron na modalidade Árbore Senlleira, cuxo proxecto xorde da colaboración entre participantes de diferentes xeracións (por exemplo pais e fillos, avós e netos ou profesores e alumnos). 

Premian os proxectos de rapaces de Ribeira, Catoira e Cuntis por dar a coñecer e dixitalizar a tradición galega

Te puede interesar