Alumnado do IES Castro Alobre repartirá máis de 30.000 pousavasos en diferentes locais hostaleiros da cidade para promocionar o uso do galego en todos os ámbitos e máis alá das aulas. A iniciativa –que xa vai pola súa oitava edición– parte do departamento de Normalización Lingüística do centro educativo en colaboración directa coa Concellería de Cultura. Foron máis de 200 os deseños que se presentaron para ilustrar carteis e pousavasos na edición deste ano. Deles foron seleccionados un total de 14. Dous deles para os póster e o resto para os pousavasos. Será o mércores cando a rapazada que os deseñou repartirá estes elementos entre a hostalería local. “Calculamos que chegarán a un total de 50 establecementos”, expoñen dende o centro.
A iniciativa busca fomentar o uso do galego en actividades rutinarias máis aló das propias aulas. A edila de Cultura, Sonia Outón, agradeceu o traballo dos rapaces dos que dixo que “sodes o futuro do idioma”.