A Biblioteca celebra o Día de Rosalía cunha mostra sobre a autora

O teatro itinerante arrincou xa en Bamio e noutras parroquias de Vilagarcía
A Biblioteca celebra o Día de Rosalía cunha mostra sobre  a autora
O teatro itinerante arrincou en Bamio | MÓNICA FERREIRÓS

A Biblioteca Municipal celebra o Día de Rosalía cunha exposición sobre a autora e os seus traballos máis destacados. Habilitarase unha zona de exposición no recibidor do edificio, composta por varias vitrinas e estante, que se poderán visitar dende hoxe e ata o 12 de marzo. Esta actividade enmárcase dentro das organizadas polo Concello para celebrar a efeméride.


Aproveitando que a Biblioteca conta cun fondo especial relacionado coa escritora amósase unha colección de libros que pretende abarcar parte da súa obra, outros centrados en aspectos biográficos e estudos literarios. Os máis novos tamén poderán gozar da mostra cun apartado destacado con obras de carácter infantil e xuvenil.


De forma paralela o teatro itinerante sobre a vida e obra de Rosalía arrincou no Centro Social de Bamio e continuará por diferentes paradas ao longo de toda a fin de semana, tal e como estaba programado no calendario.

A Biblioteca celebra o Día de Rosalía cunha mostra sobre a autora

Te puede interesar