"Bolboretario do confinamento" pon o broche a Conversas Arredor en Vilagarcía

"Bolboretario do confinamento" pon o broche a Conversas Arredor en Vilagarcía
Cartel do evento

O poemario "Bolboretario do confinamento" será o eixo sobre o que versará a última das "Conversas Arredor", que terá lugar mañá, a partir das 20:30 horas, nos xardíns de Ravella. A autora, Patricia Torrado Queiruga, falará sobre a súa última obra coas persoas que se animen a participar.

 

"Conversas arredor" é unha iniciativa veciñal que ten como obxectivo dar a coñecer á cidadanía, dun xeito coloquial e informal, a creación literaria de escritores locais e da zona.

 

Patricia Torrado Queiruga naceu en Baroña en 1987. É licenciada en Filosofía pola USC e museóloga pola UAH, así como experta en conservación e restauración do patrimonio e xestora cultural. Na súa faceta literaria, cultiva o microrrelato, a poesía e a narración curta e leva publicadas xa tres obras: A novela xuvenil "Don Carlos e o misterio dos lucecús" e os poemarios "Herdar A Fala", Premio do III Certame de Poesía Torre de Caldaloba; e "Bolboretario do Confinamento".

"Bolboretario do confinamento" pon o broche a Conversas Arredor en Vilagarcía

Te puede interesar