Crónica | Heredeiros desafían á choiva e bendicen con viño e millo aos fans de Vilaxoán

Crónica | Heredeiros desafían á choiva e bendicen con viño e millo aos fans de Vilaxoán
Os do Barbanza dérono todo sobre un escenario que coñecen ben, xa que en Revenidas séntense como na casa | MÓNICA FERREIRÓS

En varios ocasións actuaron os Heredeiros da Crus no Revenidas, pero nunha o fixeran de mañá. A actuación estaba fixada para as doce e media do mediodía e unha hora antes xa había largas colas para acceder ao recinto e poder gozar da música “dos máis jrandes”. Arrancaron xa cunha forte choiva que nin os desanimou a eles nin aos que coreaban as súas cancións. Levan 31 anos sobre o escenario e cunha enerxía intacta. Case unha hora de concerto no que soaron os seus grandes temas, aqueles que marcaron a toda unha xeración e cos que saltaron á fama da man do Xabarín Club. “Viva o Xabarín Club”, gritaba Javi Maneiro. Así sonaron cancións como “Juan Ramón”, “Pero que jallo é” ou o “Corasón de Carballo”. Enlazaron con “Non quero nada de ti” lanzando un alegato feminista, censurando aos “pendejos” e recordando a María Jiménez. Reviviron momentos icónicos como Toñito de Poi sulfatando aos presentes de viño ou Javi Maneiro coas plumas na cabeza repartindo millo. O “Eu quero josar” soou baixo unha intensísima choiva e “O fillo de José” “a capella” pechou unha actuación que evidencia que son garantía de éxito.

Crónica | Heredeiros desafían á choiva e bendicen con viño e millo aos fans de Vilaxoán

Te puede interesar