Eduardo Abad (Agtamar-UPTA): “Os que anuncian ‘Días sen IVE’ ou están enganando ou facendo un delito fiscal”

Agtamar (Asociación Galega de Traballadores Autónomos e do Mar) está integrada no sindicato UPTA (Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos de España) . O seu presidente, Eduardo Abad, cóntanos as preocupacións dos autónomos e as melloras polas que loitan a día de hoxe.

 

Cal é a principal preocupación dos autónomos agora mesmo?
A competencia desmesurada que teñen das grandes cadeas de distribución, que venden a través de Internet, ou que os sectores que máis oferta teñen son sectores que están moi atomizados e hai unha sobreoferta para a demanda que existe. Necesitamos autónomos cualificados para que poidan prestar servizos a outras empresas... E facer un esforzo de inversión en dixitalización e formación. Non vai haber transformación se non temos formación e dixitalización.

 

Son os autónomos os grandes olvidados sempre? 
Penso que non. Ese é un mantra que se repite. Temos unha grande importancia dentro do tecido produtivo español. En Galicia estamos por riba dos 200.000 e en España estamos en cifras récord de máis de 3.360.000 autónomos. En Galicia supoñemos un 13,5 % dos traballadores totais, e en Vilagarcía estamos por riba do 12%. Ademais, dentro destes tres millóns largos, hai que destacar a importancia dos autónomos inmigrantes e a dinamización económica que están facendo.  

 

Ten sentido que un autónomo que ingresa 500 ou 600 euros, teña que pagar unha cuota de case 300?
Estamos nun momento de cambios e inmersos nun novo sistema de cotización. Chámase a cotización por ingresos reais, que empezou o ano pasado a funcionar, e que este mes están facendo os cruces de datos entre a Axencia Tributaria e a Seguridade Social. Os autónomos con rendementos de traballo por debaixo de 18.000 euros ó ano, baixaron xa preto de 90 euros a aportación que teñen que facer. O sistema ten 17 tramos de cotización e podémonos acoller ó que queremos. Se estás no tramo quinto e polos teus rendementos che corresponde o 8, Facenda vaiche pedir a diferenza. Pero se estás no tramo 8 e os rendementos son do tramo 3, a Seguridade Social vaiche dicir se queres recibir esa devolución.

 

Que beneficios ten para un autónomo asociarse a Agtamar-UPTA?
Somos unha organización reivindicativa. Estamos en todas as mesas de negociación en España e en Galicia e queremos mellorar a situación do autónomo de forma global e transversal.  Estar en Agtamar significa estar nunha asociación na que reciben información no seu idioma, coloquial. Nos últimos cinco anos destruíronse case 100.000 pequenos comercios e sorpréndenos que haxa cadeas de distribución que digan “Días sen IVE”. Neste país non se pode vender sen IVE. Ou están enganando ou están facendo un delito fiscal. Nesas cousas nos fixamos e acudimos ós tribunais. 


Que solución ten o problema dos falsos autónomos?
É complexo pero cremos que temos unha receita, que estamos traballando co Goberno de España. Tampouco estamos inventando nada: É que todos aqueles autónomos que emiten unha factura a unha empresa, teñen un modelo moi concreto de factura. E a Inspección de Traballo ten que ter capacidade para cruzar datos con Facenda. Estamos ultimando con Ministerio de Traballo este mecanismo, que é practicamente infalible.

WhatsApp Image 2024 10 01 at 16.59.46
Eduardo Abad, presidente de Agtamar-UPTA

 

En todos os anos que leva á fronte da asociación, d

e que se sinte máis orgulloso de ter conseguido?
Creo que sentirse orgulloso do traballo que tes non ten demasiado sentido, pero gustaríame destacar algunhas das accións que si cambiaron a vida das persoas, como foi que as mariscadoras poidan ter coeficientes de reducción igual que os mariscadores a bordo dunha embarcación, para que se poidan xubilar anticipadamente. Porque é un traballo absolutamente tedioso, moi pouco recoñecido e era unha diferenza sustancial entre homes e mulleres. Tamén o novo sist

ema de cotización, que no ano 2019 tiven a sorte de poder defender no Congreso dos Deputados.

 

Que metas teñen agora en mente?
A corto prazo xa estamos cun decálogo de temas que temos que solucionar. Por exemplo, todas as deduccións ás que teñen dereito as empresas, queremos que se poidan deducir tamén nos autónomos. Un autónomo non se pode deducir o menú diario cando ten que comer fóra da casa, ou os gastos de combustible ou dun vehículo que necesita para traballar. As empresas si, porque o fan a través do imposto de sociedades. Un gran empresario, presidente dun equipo de fútbol moi importante, pode deducirse un menú, que sería o que cobra calquera persoa ó mes, convidando ós seus clientes, e nós non podemos deducirnos un menú de 12 euros.  

 

Estamos cerca de poder facelo?
Si. Estamos moi cerca de conseguilo. Tamén estamos falando co Goberno para que nas poboacións de menos de 10.000 habitantes todos os negocios que se poñan en marcha teñan unha fiscalidade cero durante os tres primeiros anos, e se son desenvolvidos por mulleres, que se alongue ós cinco primeiros anos. Non olvidemos que o 80 % da poboación española está concentrada no 20 % do terreo. E é máis traxedia perder un autónomo nunha poboación de 3.000 habitantes, que perder 25 nunha de 100.000. Tamén debe haber un plan de relevo xeracional e de autoabastecemento enerxético, para deixar un planeta habitable para as vindeiras xeracións. 

Eduardo Abad (Agtamar-UPTA): “Os que anuncian ‘Días sen IVE’ ou están enganando ou facendo un delito fiscal”

Te puede interesar