O Equipo de Normalización Lingüística da Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía organiza, durante os próximos meses, diversos clubes de lectura en galego. Poderán acudir todos os membros da comunidade educativa, xa sexan profesores, alumnos ou personal non docente.
Para inscribirse, tan so é necesario inscribirse no QR que aparece no cartaz, que se colgará nos taboeiros do centro, ou escribindo un correo a eoi.vilagarcia@edu.xunta.gal, segundo explican desde a dirección da EOI. Os participantes lerán os libros propostos e os comentarán colectivamente.
O primeiro será o martes 25 de febreiro e a obra proposta é 'Deixe a súa mensaxe despois do sinal’, de Arantza Portabales. Seguirá en marzo, tamén o 25, con ‘22 segundos’, de Eva Mejuto e o último clube anunciado será sobre o libro ‘Esperta do teu sono’, de Lola Rontano, o martes 29 de abril. Todas as sesións serán na biblioteca da EOI, entre as 16:30 e as 17:30 horas. Unha forma de ler e divertirse