O Festival de Comparsas de Vilaxoán contará con seis grupos, e será dos máis potentes do Salnés

A cita é este venres a partir das oito e media da tarde no centro sociocultural ubicado na zona do Preguntoiro
O Festival de Comparsas de Vilaxoán contará con seis grupos, e será dos máis potentes do Salnés
Marajota e Media é a comparsa da casa que actuará no festival

Vilaxoán celebrará este venres un dos festivais de comparsas máis potentes da comarca do Salnés –xunto co do Grove e o da Illa–.  Alomenos no que se refire ao número de formacións participantes. O centro sociocultural do Preguntoiro acollerá a partir das oito e media da tarde unha cita indispensable no Entroido desta localidade e despois de que en Vilagarcía decidisen suspender a cita no Auditorio por falta de comparsas interesadas. Unha participación que sí se deixa ver en terras vilaxoanesas. Ademais de Marajota e Media –que xoga na casa– ao escenario subirán “Los lunes al col” –de Cambados–, así como “O Cano”, “As Miguelianas”, “A Dorna” e “Dafóra”, todos estes da Illa de Arousa. A entrada para aqueles que queiran asistir é de balde.


A cita é o aperitivo perfecto a un sábado que tamén chega cargado en Vilaxoán. A partir das sete e media na lonxa da localidade terá lugar o tradicional Enterro da Sardiña. Despois de darlle sepultura á finada DK Alkalde será o encargado de amenizar a xornada a todos os que se acheguen ao evento. 

O Festival de Comparsas de Vilaxoán contará con seis grupos, e será dos máis potentes do Salnés

Te puede interesar