Os fieis de San Cibrán de Sobradelo nunca fallan

Houbo actos litúrxicos ao longo de todo o día e tamén música e gastronomía
Os fieis de San Cibrán de Sobradelo nunca fallan
Volveuse a ver a imposición do santo para as dores do reuma | MÓNICA FERREIRÓS

A parroquia de Sobradelo celebrou una das súas festas máis emblemáticas, a do San Cibrán. Unha efeméride única na capital arousá e que pode presumir de ter fieis máis aló das fronteiras deste enclave da cidade. De feito houbo actos litúrxicos ao longo de todo o día, aínda que a misa cantada foi a última hora do día, coa súa correspondente procesión. 

WhatsApp Image 2024 05 20 at 19.19.21
As imaxes que saen en procesión con San Cibrán | MÓNICA FERREIRÓS

Na sesión vermú houbo sardiñas e pulpeiro e o día rematou coa actuación de Los Dinámicos. San Cibrán é un dos santos máis miragreiros de Vilagarcía, avogado de causas como o reuma. Daí que centos de persoas lle ofrezan sempre as súas ofrendas na súa efeméride que busquen tamén a coñecida como “imposición”.

Os fieis de San Cibrán de Sobradelo nunca fallan

Te puede interesar