Folk no Alobre, a viaxe inmersiva á Vilagarcía tradicional e máis descoñecida

Folk no Alobre, a viaxe inmersiva á Vilagarcía tradicional e máis descoñecida
O Folk no Alobre comezou cun roteiro guiado por Luis Gómez e Xurxo Souto dende a Praza da Independencia ata O Castriño en donde Nelson Quinteiro e Álvaro Cardalda inauguraron os concertos e actuacións que se prolongaron ao longo de todo o día nesta r

Foi o saber sobre a historia local de Luis Gómez, a arte e paixón de Xurxo Souto e a música dos Demos da Petaca os que se encargaron onte de dar inicio a unha nova edición do Folk no Alobre. A gran festa do folclore e da tradición en Vilagarcía iniciouse cun roteiro guiado que comezou en pleno corazón da vila –na Praza da Independencia– para ir navegando por episodios históricos por outros puntos emblemáticos como a Praza de España (chamada no seu día Os Campos Elíseos) ou o complexo patrimonial de Vista Alegre. Abrindo camiño a música das gaitas a modo de alborada ou dunha procesión de fieis, pero sen santo. Os asistentes coñeceron pequenos bocados de Historia, como a loita dos vilagarciáns contra os franceses ou as marismas que ocupaban o centro urbán antes da súa reconversión urbanística. A parte artística, a imaxinaria e “telúrica” dirixiuna Xurxo Souto. Coa súa inseparable corna que fixo soar en máis dunha ocasión a modo de faro acústico o cantante e escritor adentrou á comitiva no interior do parque do Castriño, entre carballos e castiñeiros e non sen aproveitar para facer unha crítica á súa falta de mantemento. “É un lugar máxico, merece máis coidado”. Alí soou a Muiñeira de Armenteira, falouse dos romanos e contouse a historia local de Cortegada, poñendo así a un periplo que desembocou no Valdés Bermejo, epicentro da gran romaría que encheu de xogos, música e boa comida e amigos o día. Pola mañá os máis pequenos tiveron a oportunidade de gozar coa sesión vermú de Nelson Quinteiro (tamén con Álvaro Cardalda) e tras o xantar comezou o obradoiro de iniciación ao baile tradicional, mentres os grandes grupos ensaiaban e preparaban as actuacións da última parte da xornada.


Os Demos da Petaca soaron de novo, así como Miguel Cadavieco cos seus romances e cantares. As mozas de Caamaño & Ameixeiras e a música de Maghúa puxeron o ramo a un día moi completo.

Folk no Alobre, a viaxe inmersiva á Vilagarcía tradicional e máis descoñecida

Te puede interesar