Homenaxe en Vilagarcía con música para Luísa Villalta e para todas as que fixeron motor da lingua

Homenaxe en Vilagarcía con música para Luísa Villalta e para todas as que fixeron motor da lingua
O alcalde, Alberto Varela, e Sonia Outón, cos nenos de Malveiras na ofrenda floral en Carril I MÓNICA FERREIRÓS

Vilagarcía vive as Letras Galegas de forma moi multidisciplinar, acorde coa figura á que está dedicada nesta edición tan importante efeméride, a de Luísa Villalta, que cultivou as letras, o teatro e a música.
 

Precisamente os sons foron os grandes protagonistas da xornada, da man de grupos tradicionais como os de Malveiras o Escola Gato Negro, que actuaron en Carril antes da tradicional ofrenda no busto de Rosalía de Castro. Finalizou o acto, moi concorrido, ao compás do himno galego. 

 

 

 

Pero a música non acabou, se non que se pasou ao interior, ante o ceo ameazante. Foi o vilagarcián Xosé Duarte o encargado de amenizar a “sesión vermú”.

 

Sobradelo churrascada
Churrascada en Sobradelo


 

Tras os actos organizados pola Concellería da Cultura, a celebración das Letras Galegas trasladouse a outros puntos, cos veciños como grandes protagonistas. En Sobradelo, cunha gran carpa e máis sol do esperado, houbo música e churrasco a fartar para bailar cos amigos. En Rubiáns tamén optaron polos grupos tradicionais, cun Encontro Folclórico que se está a celebrar, co coro parroquial anfitrión; as pandereteiras de Avelaíña de Vilaxoán; Cantos de Taberna de O Souto, que tamén xogan na casa; A Nosa Señora da Xunqueira e Mocedade da Torre.

Homenaxe en Vilagarcía con música para Luísa Villalta e para todas as que fixeron motor da lingua

Te puede interesar