O Bloque Nacionalista Galego de Vilagarcía rendiu homenaxe á poeta máis internacional Rosalía de Castro, pese ás inclemencias do tempo. Foi ás doce do mediodía e, precisamente, naquel momento a choiva era intensa e tamén facía moito vento. Unhas condicións nada favorables para un acto que, anualmente, inclúe lectura dalgúns poemas da de Padrón pero que, nesta ocasión, non foi posible.
Tiveron que limitarse os membros do BNG á ofrenda floral no busto que Rosalía ten en Carril, á carón da sede do Gato Negro e preto da vivenda na que pasou moitas xornadas e á que realizou a súa última viaxe.
“Con este acto celebramos a potencia da nosa cultura, lingua e identidade”, explican desde o BNG do Salnés, que non olvida a súa cita anual con Rosalía, á que definen como icona principal de Galicia. Ademade, os nacionalistas consideran á poeta como “unha figura que nos une e nos leva ao futuro desde o que somos”.
Aínda que non foi posible a lectura de poemas, o tempo agasallou con esa choiva á que Rosalía de Castro chamou “misteriosa regadeira”, e a que tantas referencias facía nun poemario intimamente ligado á paisaxe galega e aos seus cores verdes, imposibles de pintar sen auga.