A editorial Teófilo Edicións publica "Palabra de Irmá", unha biografía sobre a escritora á que este ano se dedica o día das Letras Galegas, Luísa Villalta.
A obra inclúe datos biográficos e familiares da infancia e adolescencia da polifacética creadora, os colexios e institutos nos que estudo, a súa relación coa música, a docencia, o seu labor intelectual e o seu activismo social, político e cultural.
Toda a redacción acompañase dun cento de fotografías e instantes eternos dunha escritora comprometida con Galicia e os galegos. O libro está escrito pola súa irmá, Susana Villalta, que xunto coa súa nai, María Gómez Castro, aportan unha escolma fotográfica nunca antes publicada.