Todos a bailar folk... no Alobre

Todos a bailar folk... no Alobre
Un momento da festa I MÓNICA FERREIRÓS

A música tradicional galega volveu a tomar o recinto do Valdés Bermejo, da man dunha cita que xa é todo un clásico do penúltimo mes de verán en Vilagarcía. A romaría popular Folk no Alobre, organizada por Pés de Barro, foi un novo éxito.

 

Foron moitas as persoas que participaron nas actividades xa desde a mañán, cando un guía fixo un percorrido histórico pola cidade, acompañado por Xurxo Souto y Os Demos da Pataca, que puxeron música e fixeron a moitos saír ao balcón ao seu paso.

 

Xa no Castro Alobre, un dos xacementos claves dos orixes de Vilagarcía, chegou o turno da diversión, propiamente dicha, aínda que tamén houbo tempo para aprender. A sesión vermú foi o entrante, antes do xantar popular, no que os asistentes puideron confraternizar. Houbo obradoiros de danza e tamén houbo ocasións para facer prácticas. Nestes momentos, e ata as once da noite se están levando a cabo os concertos, con Os Demos da Petaca, Acordeireta, As Lagharteiras e Faíscas da Pontagra

Todos a bailar folk... no Alobre

Te puede interesar