Alberto Varela propón a creación de novos espazos culturais no lugar que actualmente ocupa a biblioteca en Rey Daviña unha vez que esta se traslade a Castelao. O proxecto inclúe a insonorización do Salón García. Esta intervención permitiría seguir usando os espazos da actual biblioteca para usos diversos, entre os que Varela propón mellorar os espazos da actual biblioteca infantil pasándoa para o primeiro andar en donde podería ter mellor ubicación. O segundo andar tería salas multiusos par xuntanzas e actividades diversas abertas a organizacións asociacións e á creación artística. Tamén propón mellorar a accesibilidade na Rivas Briones para optimizar o seu uso.