A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático dotou de máis de 11.500 euros ao Pazo de Rubiáns para a conservación de árbores senlleiras. Estas achegas permitirán financiar parte dos coidados e tratamentos que precisan estes exemplares, con varios elementos incluídos no catálogo.
O Pazo de Rubiáns conta no seus xardíns con exemplares con varios séculos de vida. O delegado territorial, Agustín Reguera, visitou o emblamático conxunto e destacou o "traballo impecable que se leva a cabo no Pazo de Rubiáns, tanto no coidado do seu patrimonio como na elaboración e promoción dos seus viños e na conservación e protección dos seus xardíns".
Xunto ao director, Guillermo Hermo, e a concelleira do PP, Ana Granj, percorreu boa parte da extensión que alberga os exemplares catalogados.
Reguera rematou a visita poñendo en valor "a importantísima labor de conservación e coidado" en el Pazo. O total investido pola Consellería de Medio Ambiente na área territorial de Pontevedra foi de máis de 22.000 euros, que foron repartidos entre catro entidades beneficiarias.