VALGA - Non quedou proba dos corenta e dous metros da empanada de millo de Cordeiro

VALGA - Non quedou proba dos corenta e dous metros da empanada de millo de Cordeiro
Diario de Arousa-2014-06-23-014-c4e15481

Aínda que a festa comezou con chuvia, o que obrigou a retrasar un chisco a venda das racións, a empanada de millo xigante de Cordeiro foi todo un éxito gastronómico. Pasadas unhas dúas horas e media do inicio da degustación, prácticamente non quedaba nada dos corenta e dous metros de empanada elaborados pola Sociedade Cultural de Cordeiro. E iso que este ano a organización arriscou. “A crise tira un pouco para atrás á xente”, pero aínda así “fixemos dez metros máis” que na pasada edición. A xogada saíulles ben, porque boa falta fixeron eses metros de máis. “A xente portouse moi ben”, valoraba tralo evento Manuel Carbia, presidente do colectivo organizador. “Doulle un premio a quen atope alguén que diga que a empanada non estaba boa”, engadía. “Cada vez miramos máis a calidade” e non só colleitan o seu propio millo, senón que botan man dunha panadería do municpio para que todo quede no seu punto.
A novidade deste ano, o recheo de costela fresca con panceta e zorza, foi do máis demandado e pronto se esgotou. Sucedeu o mesmo coa empanada de cebola con azucre, que por primeira vez se introduxo o ano pasado. Xoubas, zamburiñas, atún, zorza, mexillóns, polo, bacalau con pasas... había sabores para elixir, todos a dous euros a ración (quen levaba tres pedazos pagaba cinco). Igual de variada era a procedencia dos comensais: de Silleda, Cuntis, Padrón, Cambados... “Todos os anos ven moita xente de fóra”, refrenda Carbia. Algúns “quedaban sorprendidos” do ben que sabía a empanada porque “o millo do país dá un sabor moi característico”.

para a casa
É habitual que boa parte das persoas que se acoden ao reclamo da empanada de millo de Cordeiro marchen coas racións para as súas casas, para comelas en familia. “Aquí (nos arredores do Teleclub) non hai moito sitio para sentarse”, de aí ese costume, que onte volveu a repetirse. Tal foi así, que os organizadores reciclaron entre 120 e 150 caixas de cereixas para que a xente tivera en que levar a empanada sen que se lle desfixeran as racións (como sucede si se utilizan bolsas de plástico). n

VALGA - Non quedou proba dos corenta e dous metros da empanada de millo de Cordeiro

Te puede interesar