A Illa celebrou onte o día grande do Atlantic Fest. Fíxoo cun cartel de luxo para os amantes do indie, pero tamén con campañas de concienciación, xogos infantís e unha morea de propostas para todos os públicos.
Ao logo do día sucedéronse concertos para acabar a noite cos pratos fortes, con Los Planetas, Love of Lesbian, Dorian e Joe Crepúsculo. Moitos outros grandes grupos e artistas déronse cita xa horas antes, só por citar algúns, Soleá Morente e Napoleón Solo; Apartamentos Acapulco, Nacho vegas, Marlon Williams ou Mourn, ademais das batallas de bandas emerxentes.
Pero aínda que o corazón do festival foi a musica, houbo moitas outras propostas. A cita contou coa visita do conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, durante a tarde. O Atlantic Fest é un dos doce encontros que se unen ás segunda tempada de FEST Galicia, a marca da Xunta para promover a Comunidade como destino musical, apostando pola promoción do uso do galego, a igualdade, o respecto ao medio ambiente e a divulgación de valores positivos entre a mocidade.
Baixo o lema “O galego crea ambiente”, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, desenroláronse diversas actividades coas que animar aos mozos ao emprego da lingua propia. Houbo recollida de ideas de dinamización lingüística e ata un concurso para adiviñar verbas galegas, con premios en sombreiros e bolsas de festival, ademais do sorteo dunha bicicleta eléctrica entre os gañadores de cada festival adherido.
Tecnoloxía e igualdade
FEST Galicia da sorporte ao escenario principal da cita e tamén patrocina as pulseiras intelixentes, outro avance no festival. Con elas permítese o acceso ao recinto e os pagos dentro del. E tamén facilitan o control de aforo e incluso datos para unha posterior avaliación do impacto económico e social do macroevento. Deste posterior traballo encargarse o Agadic, coa colaboración da Universidade de Santiago, posibilitando logo o deseño de novas medidas que redunden nos valores que FEST Galicia está a divulgar.
Logo da maratoniana xornada de onte, principalmente nos escenarios de O Bao, o festival de A Illa de Arousa porá hoxe o peche a esta edición.
Será cos dous derradeiros concertos, no escenario da Praza de Abastos. Ás 13 horas actuará Víctor Coyote e ás 14:15, Los Jinetes del Trópico.
A organización colgou antes do comezo da cita o cartel de todo vendido, con 5.000 entradas despachadas, o que supón que o municipio insular duplicou a súa poboación durante esta fin de semana.
Os promotores estiman que na edición de 2018, o Atlantic Fest tivo unha repercusión de 1,38 millóns de euros na vila e nos concellos do seu entorno.