DE VOLTA AO SEU SITIO

O Villalonga xogará a vindeira tempada en Terceira División. Un ascenso que se vía vir e que sitúa no sitio que lle corresponde a un club exemplar. Un histórico do noso fútbol que merece o máximo respeto. O Villalonga non é un club rico, nin está situado nun lugar donde resulte doado conseguir xogadores, nin ten tras de si unha gran cidade. É un clube humilde. E precisamente nesa humildade radica o seu éxito. 
Na humildade da súa xente e dunha vila volcada co seu equipo de fútbol. Son moitas as limitacións, pero con elas aprenderon a convivir sen lamentacións, asumíndoas e sempre coa ambición de seguir medrando, de estar na Terceira. Poderían conformarse, como fan outros, pero non. Desde aquel fatídico descenso con 46 puntos, a única mensaxa que saiu do club foi a de regresar. Agora o Villalonga volta a Terceira pola porta grande, demostrando que é un club moi grande a pesar de ser pequeno. Un regreso do que todos os afeccionados ao fútbol do Salnés nos alegramos especialmente. A vindeira tempada buscaremos ao Villalonga nas clasificacións donde nos faltaba estes últimos anos. 
O Villalonga volve a Terceira, volve ao seu sitio. Esperemos que sexa por moito tempo como nas dúas otras ocasións que acadou ascender. Todo o que merece como club é pouco.

 

DE VOLTA AO SEU SITIO

Te puede interesar