O Festival Revenidas de Vilaxoán foi quen de converterse en todo un referente a través da capacidade de organización e da implicación de moitas persoas para situar a este evento nunha cita obrigada de asistencia cada verán. A combinación da música coa gastronomía popular foi todo un acerto e por iso cada vez son máis os que agardan que esta pandemia nos deixe dunha vez para volver a cantar e bailar sen máscaras nin restricións. Xoán Quintáns é a cabeza visible de todos eses voluntarios que fan do Festival Revenidas un orgullo para os arousáns. Grazas e moita sorte.