O IES Castro Alobre promove o uso do galego e as compras no comercio local

O IES Castro Alobre promove o uso do galego e as compras no comercio local
A edil Sonia Outón, coas estudantes/cedida

O Concello de Vilagarcía colabora un ano máis na campaña de dinamización do uso da lingua galega que desenvolve o IES Castro Alobre a través do seu departamento de Normalización. No marco desta colaboración, a concelleira de Cultura e Normalización Lingüística, Sonia Outón, acudiu hoxe ao centro para facer entrega das 9.500 bolsas financiadas pola administración local e que están ilustradas coa imaxe e o lema gañadores do concurso escolar organizado polo centro, obra de Carlota Magán Cascallar, estudante de 2º da ESO. 


Con estas bolsas, o alumnado do instituto pretende promover o uso do galego á vez que invita a comprar no comercio local. Con esta dobre vertente, o alumnado desprazarase mañá pola mañá á Praza de Abastos para repartir entre os praceiros as 9.500 bolsas de papel da campaña e pegar os carteis publicitarios da mesma, deseño de María Sampedro Durán, alumna de 4º da ESO e de Tiago Vence Nieto, de 1º da ESO.


A alumna gañadora e os dous finalistas participaron esta mañá na presentación da campaña, nun acto celebrado no centro educativo e que contou coa presenza da concelleira e do responsable de Normalización do instituto, José Torres.

O IES Castro Alobre promove o uso do galego e as compras no comercio local

Te puede interesar