O presidente da Agrupación de Parquistas e patrón maior da Confraría de Carril, José Luis Villanueva, recolleu hoxe en Verona (Italia) o galardón Aurum 2021 - European Artisanal Cultivators of sea products en recoñecemento ao traballo realizado durante décadas polos produtores carrilexos nos seus viveiros cun produto tan destacado como é a “Ameixa de Carril”. Un galardón que se suma aos recoñecementos que este colectivo artesanal ten recibido ao longo dos anos.