Pablo Otero medita participar ou non facelo mañá na Carreira Popular de Rianxo, na que está inscrito, porque o domingo ten que correr o Cross de Borleña, que é Campioanto de Cantabria por clubes e clasificatorio para o Campionato de España, xa que Pablo pertence ao Atletismo Torrelavega logo de cursar os seus estudios universitarios en Santander os últimos anos.
Aos seus 26 anos, Otero está en plena pretemporada afrontando a última parte do calendario de carreiras populares en Galicia, que iniciou en setembro gañando na casa, no Carreirón 10k da Illa de Arousa. Tamén gañou a XXXVIII Carreira Popular de Meaño, foi terceiro na XVIII edición de Coruña10 correndo o dez mil en 30:19 e revalidou o título na XXIX Media Maratón de Pontevedra hai dúas semanas, onde participaron 1.600 atletas. Otero Fariña impúxose cun tempo de 1:07:12, superando en catro segundos ao tinerfeño Francisco Cabrera. O pasado domingo competiu na 45 edición da Carreira Pedestre de Santiago, onde participaron máis de tres mil atletas. O arousán, que xa gañara no ano 2022, non quedou demasiado satisfeito coa súa terceira praza (37:16), por detrás de Esteban Iglesia (36:58) e Hugo García (37:12).
Otero é un caso curioso. Empezou de forma tardía no mundo de atletismo de alto rendemento hai tres anos e está evolucionando moito co paso do tempo. Foi capaz de meterse no Campionato de España ao aire libre a temporada pasada en 1.500 metros. Ás ordes de Manuel “Huracán” Hurtado, o seu futuro pasa por convertirse nun fondista de dez mil e co tempo de maratón. No ano 2025 centrarase nas distancias de cinco e dez mil. O seu obxectivo é acercarse á marca dos 29 minutos nos dez mil (ten 29:40 neste momento), e en xaneiro no 10K de Valencia tratará de conseguilo. En marzo correrá en Bilbao o Campionato de España de dez quilómetros en ruta e en maio o Nacional da mesma distancia en pista en Menorca.
Otero está adestrando ben, asimilando altas cargas, xa que fai entre 120 e 150 quilómetros á semana, traballa a forza e cuida aspectos como o descanso e a alimentación. Compaxina todo coa faceta de adestrador na escola de CEIP Torre-Illa, onde traballa cunha veintena de rapaces. Tamén adestra a corredores adultos e segue formándose a nivel académico para ampliar coñecemento. No primeiro trimestre de 2025 espera abrir xunto a outros socios un centro de adestramento en Cambados. De forma que toda a su vida está ligada ao deporte.
X Carreira Popular de Rianxo
O Concello de Rianxo e o Club Atletismo Rianxo organizan mañá a X Carreira Popular Concello de Rianxo, que está incluída no Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e conta con 759 atletas inscritos de diferentes categorías. Van dende “Xoubas” (nados en 2021, 2020 e 2019) que corren 100 metros, ata a sénior, que terán que afrontar tres voltas a un circuíto de 3.333 metros para completar o 10K. Sen olvidar á categoría “Sapatilla” inclusiva, para persoas con diversidade funcional.
A proba reparte 600 euros, ademáis de medallas para todos os participantes (ata fin de existencias) nas categorías Xoubas, Sardiñas, Sub 10, 12, 14 e 16, e trofeos para os tres primeiros/as corredores/as en cruzar a liña de meta de cada categoría. Entregarase tamén o Trofeo “Xosé Neira Hermida” ao primeiro e primeira corredor/a local e ao club con mais participantes.
Entre os incritos figuran atletas como Hugo García e David de la Fuente, que están chamados a loitar polo triunfo, ao igual que o isleño Pablo Otero, se finalmente decide competir, xa que o da Illa de Arousa prioriza a proba de Cantabria do domingo.