A vicepresidenta terceira do Goberno e ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Sara Aagesen, anunciou a adxudicación provisional de 1.214 millóns de euros a sete proxectos, en resolución provisional da convocatoria do programa Vales do Hidróxeno Renovable.
En concreto, os proxectos seleccionados focalízanse en cinco comunidades: Andalucía, Castela e León, Aragón, Cataluña e Galicia.
A provincia da Coruña é un dos emprazamentos elixidos para ser un dos Vales de Hidróxenos adxudicados polo Goberno central, para o que contará cun apoio de 170 millóns de euros, no marco dun investimento total que se prevé duns 485 millóns de euros.
Aagesen sinalou que os proxectos suman un total de once instalacións de electrólises e prevese que mobilicen 5.000 millóns de euros en España, unha mobilización de fondos que permitirá xerar 9.000 empregos directos e aproximadamente 11.000 indirectos na fase de construción e posta en servizo.
A ministra para a Transición Ecolóxica considerou que esta convocatoria ten “unha relevancia estratéxica sen precedentes” que vai permitir seguir avanzando na axenda estratéxica de descarbonizar os sectores máis difíciles e crear ecosistemas en polos industriais.
Aagesen destacou que esta convocatoria, á que se presentaron un total de 16 proxectos, busca dar solución á descarbonización en sectores onde a electricidade non é unha solución e necesítase “ outros vectores”.
“Neste caso, o hidróxeno renovable é unha resposta”, dixo. Ademais, subliñou que estes sete proxectos van producir en España un total de catro gigagatios (GW) de capacidade, practicamente un terzo do obxectivo de 12 GW de potencia instalada electrolizadores recolleito no Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima a 2030.