Detectado un novo episodio de contaminación microbiolóxica na auga de baño da praia do Areal

Detectado un novo episodio de contaminación microbiolóxica na auga de baño da praia do Areal
Cartel informativo na praia do Areal

O Concello da Pobra do Caramiñal recomenda a veciñanza e visitantes absterse temporalmente do baño na praia do Areal con motivo da detección dun novo episodio de contaminación microbiolóxica na auga. Cómpre indicar que isto é un aviso da situación no areal, pero non significa un peche do mesmo.

 

A Consellería de  Sanidade efectuou a toma de mostras na dita praia ao abeiro do Programa de Vixilancia Sanitaria das zonas de baño de Galicia 2021-2025. Estas consisten en probas rutineiras que se realizan entre os meses de maio e setembro para coñece-la evolución da calidade das augas para o obrigado cumprimento da normativa europea.

 

A comunicación dos resultados da analítica chegou á Administración local na mañá deste venres, 30 de agosto, polo que se procedeu coa colocación de carteis informativos nas inmediacións da praia.

 

En vindeiras datas repetirase o exame para sabe-los datos que reflicte a contraanálise.

Detectado un novo episodio de contaminación microbiolóxica na auga de baño da praia do Areal

Te puede interesar