Orzamentada en 120.000 euros a recuperación e posta en valor da senda dos muíños do Río Saíñas

O Concello de Ribeira xa sacou a contratación a redacción do seu proxecto por un importe de case 10.000 euros
Orzamentada en 120.000 euros a recuperación e posta en valor da senda dos muíños do Río Saíñas
Nun dos estremos da ruta que se habilitará hai un muiño restaurado | Chechu Río

O Concello ribeirense pretende levar a cabo unha actuación para a recuperación e posta en valor da senda dos muíños de auga do Río Saíñas, que está orzamentada nuns 120.000 euros, que contan con financiamento dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea con fondos Next Generation, no que a capital barbanzana resultou beneficiada de axudas por un importe total de dous millóns de euros, e nos que se inclúen outras moitas actuacións, algunhas xa executadas e outras están en proceso. 


Para levar a cabo a intervención no entorno do referido cauce fluvial onde habilitar unha ruta de sendeirismo, dentro do programa de plan de sustentabilidade turística, a Administración local realizou a convocatoria pola que sacou a contratación a redacción do proxecto no que se detallen as accións a desenvolver. O orzamento polo que se convocou dita licitación ascende a 9.860 euros, e as empresas interesadas nese contrato teñen de prazo ata as 23.59 horas de mañá, día 26 de xullo, para presentar as súas ofertas a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia. A firma que resulte adxudicataria, que será a que presente a proposta económica máis ventaxosa, terá un prazo dun mes para redactar o proxecto. A súa financiación procederá dun convenio suscrito entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello ribeirense para a execución do Plan de Sostibilidade Turística de Ribeira.


Segundo figura na documentación e pliegos de condicións desta convocatoria, o orzamento total destinado para acometer as obras está dividido en tres anualidades, sendo a primeira do 2022 con 20.000 euros, no 2023 con 60.000 euros e de 40.000 euros no ano actual. O obxectivo que se persigue coa actuación de recuperación e posta en valor da senda dos muíños de auga do Río Saíñas consiste na execución dunha ruta ecolóxica ao borde de dito cauce fluvial, que permita o uso público deste espazo e, ademáis, facilite o acceso ao petroglifo de Pedra das Cabras.

 

IMG20240724161148
 
IMG20240724161352
 

Orzamentada en 120.000 euros a recuperación e posta en valor da senda dos muíños do Río Saíñas

Te puede interesar