Reportaje | Os piratas conquistan Coroso

A peña dorneira Os Pintos Joden Quintos foi a gañadora da XXXIV Rejata de Embarcasións Feitas a Machada e Propulsión a Pan de Millo Jran Premio Cutre Sark co seu barco “Pintos Sunny”, que recreou a popular serie de anime “Once Piece”, incluíndo disfraces dos membros
Reportaje | Os piratas conquistan Coroso
O barco de Os Pintos Joden Quintos gañou onte a regata das embarcacións feitas a machada da Festa da Dorna | CHECHU RÍO

A praia de Coroso acolleu onte ao mediodía, minutos antes do horario previsto, a multitudinaria saída da XXXIV Rejata de Embarcasións Feitas a Machada e Propulsión a Pan de Millo Jran Premio Cutre Sark. Un total de 45 navíos doutras tantas peñas dorneiras, algúns dos cales non estaban inicialmente entre os inscritos na web da Cofradía da Dorna e o fixeron na Expovarada de Embarcasións no Malecón, e outras apuntadas non se presentaron. Alí foi onde o xurado xa tomou boa nota dos participantes para puntualos segundo as bases da proba. De feito, algúns viron restada a súa puntuación por non levar a fror dorneira e, se a tiñan, non incluían dentro a singladura en números romanos da Festa da Dorna. Outros que foron advertidos desa circunstancia antes de que o xurado fixera a segunda pasada para valorar, a escribiron co que puideron, pero a outros resultoulles imposible ou nin tan sequera fixeron caso do aviso. Un aspecto relevante foi que na chegada a Coroso non se produciron embotellamentos como en edicións anteriores, no cal resultou determinante a labor dos axxentes da Policía Local, Desde a organización tamén se quixo destacar o traballo dos socorristas, do GAEM e do 061 na atención das incidencias nas que se rexistraron feridos.


A embarcación gañadora foi o “Pinto Sunny” de Os Pintos Joden Quintos, unha recreación do barco pirata da popular serie de anime “One Piece”, e os seus membros iban disfrazados como as súas personaxes, e que fixo as delicias dos máis novos. En segundo lugar quedou o drakkar “Ragnahörse” de Tocando Fondo cos seus compoñentes disfrazados de vikingos e algún escocés polo medio, mentres que o terceiro peldaño do podio foi para o “Baptisterio dorneiro romaro del siglo primero” de As Navallas de Palmeira que, ademais de ir disfrazados para a ocasión, incluíron unha fonte da que brotaba permanentemente viño fresco e unha barbacoa na que foron preparando diferentes produtos cárnicos, con algúns dos cales “sobornaron” ao xurado, algo que se estila moito nas probas da Festa da Dorna. O cuarto foi “Polbo polas nubes”, unha sátira de Os Polbos do Vilar cunha reproducción do seu cefalópodo e unha botella de aceite para criticar o alto prezo deste último. E de quinto quedou “Sejundo Jallomaran” de Arría o Jallo. 

 

A embarcación máis rápida foi a tabla de surf “Corchoquetecagas”, de Cajarría de Arousa que, de habelo, seguramente tamén se levaría o premio á que menos traballo tiña. Tamén figuraron estre os maís rápidos a botella de cervexa da peña Tabeiróns Caralludos, pero todo apunta que aproveitaron a carrilana con algún pequenos cambios para acadar a súa flotabilidade. E tamén resultou bastante veloz a botella de "Viña Dorneira" de Corasón de Casón. Por outro lado, aínda que non levou premio algún, dentro do espíritu dorneiro chamou moito a atención “Hauditorio Municipal de Ruizveira” de Ollomol en formol, que en un cubo colocou imaxes da visita “clandestina” que fixo o exalcalde ao auditorio cando aínda estaba pechado e sen inaugurar, ou tamén as Parrochas Papudas coa súa procesión da "Santa Papuda", con reminiscencias cara a patrona de Ribeira Santa Uxía. Y, falando virxes, a peña Necoramantes presentou a súa "Santa Nécora" moi parecida ´patroa da xente do mar. Tamén resultaron chamativos o “Barquiño BrowSaurio” de Os Corsarios do Barbansa, que o tunearon ao estilo “Mario Bross” e a imaxe da Estatua da Liberdade que presentou Non vexo a boia baixo a denominación "Nasido o 24 de xullo", nuncha parodia da película protagonizada por Tom Cruise "Nacido o 4 de xullo".

 

IMG20240724142319
 
IMG20240724142548
 
IMG20240724142616
 
IMG20240724142657
O “Sejundo Jallomaran” da peña Arría o Jallo consiguiu o quinto posto na regata | CHECHU RÍO
IMG20240724142826
 
IMG20240724143019
 
Polish 20240725 031047672
 
Polish 20240725 031157994
 
IMG20240724142307
 
IMG20240724143545
 
IMG20240724142509
IMG20240724142509

Reportaje | Os piratas conquistan Coroso

Te puede interesar