Sonia Bustelo é usuaria do centro de día de Amicos no ano 2003 comezou, explica o seu irmán, Iván Bustelo, porque a familia buscaba un lugar no que fixera cousas e tivese unha vida social activa.
Bustelo sinala que ao comezo ía ao centro como algo que tiña que facer pero, agora, vai contenta e non se cansa de contar o que fai e como é a súa relación cos compañeiros. Grazas ao centro, comenta, Sonia converteuse nunha persoa moito máis autónoma e participativa chegando a involucrase de maneira activa en tódolos aspectos da súa vida.
A familia de Sonia destaca que a comunicación cos profesionais do centro é moi fluida e sempre encontran as portas abertas para preguntar calquera dúbida.
Con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, que se celebra mañá, Sonia, conta a súa historia.
Que é o que máis desfrutas de Amicos?
Encántame o club de lectura, fisioterapia e o obradoiro de monicreques, no que estamos cosendo distintas figuras como planetas, froitas, monstros... Cando cheguei eu xa sabía coser e facer punto de cruz, pero agora estamos cosendo distintos bonecos que despois decorarán o centro. Faime ilusión ver como o noso traballo se expón e serve facer máis acolledor o centro.
Como é o teu día a día no centro?
Aquí teño un grupo de amigas, coas que adoito coincidir tanto nos talleres como nas actividades que facemos fóra do centro. Escollemos as actividades nas que queremos participar (sobre igualdade de xénero, tecnoloxía, barro, fábrica social, arte reciclado, fisioterapia, monicreques...) segundo o que nos apetece facer ese día. Eu adoito escoller monicreques, club de lectura e fisioterapia, porque me encanta andar na bicicleta.
Como é a relación coas técnicas e técnicos?
A relación é moi boa, son moi cercanos. Acompáñannos nas actividades e axúdannos no que necesitamos, aínda que eu xa me defendo ben nas actividades.
Como suelen ser as visitas fóra do centro? Cales recordas con máis cariño?
Desfruto moito das saídas fóra do centro. A que máis me gustou foi o campamento de verán, fomos á bolera, fixemos celebracións xuntos e tamén fomos ao cine, aínda que non estaba en carteleira a película que quería ver.
Implicación no proceso de aprendizaxe
María José Lamela, técnica de desenvolvemento da entidade, destaca de Sonia que é unha persoa que se implica moito nas actividades do centro. Dende a súa entrada no centro, Sonia mellorou na forma de relacionarse cos seus compañeiros, ata o punto de que agora conta cun grupo asentado de amizades.