Será este o primeiro verán con bicicletas públicas na localidade de A Illa de Arousa. O alcalde, Carlos Iglesias, confirmaba onte que a instalación das estacións e dos seus vehículos de dúas rodas está programada cara xuño. A idea é que xa no comezo da tempada estival estea todo listo para o uso.
O rexedor tamén adianta que o servicio funcionará a través dunha aplicación web, que permitirá o rastrexo das bicicletas e tamén para o pago, alomenos para os non residentes en A Illa. Esa app está tamén xa desenrolada, indicaba Iglesias.
En canto á subministración dos bicicletas, foi contratada hai xa tempo e estas xa foron ademais entregadas. Xunto coa instalación, o contrato adxudicárase cunha inversión aproximada de 88.000 euros.
Aínda que esa subministración tivo que buscarse nunha empresa externa, a xestión do servicio de alugueiro de bicicletas será directa. Será, pois, o Concello, o que se encargue del.
En principio, está previsto que o servizo comece cunhas trinta bicicletas, algunas tradicionais e outras eléctricas. E o número de estacións iniciais será tres: O Regueiro para a zona norte da vila, onde a praia de Camaxe Pequeno e o novo estacionamento disuasorio de O Bao, na parte sur; e outra móbil: En O Carreirón durante o verán e diante do Consistorio no outono e inverno.
A Illa continúa así dando pasos cara a descarbonización, con cambios no modelo enerxético e de transporte.