Cambados mantén viva a tradición dos Maios cunha xornada de festa e gratificacións aos participantes

Cambados mantén viva a tradición dos Maios cunha xornada de festa e gratificacións aos participantes
Edición anterior da Festa dos Maios | D.A.

O Concello de Cambados abriu o prazo para anotarse na Festa dos Maios, que terá lugar o día 1 de maio en Torrado. Cabe señalar que nos últimos anos a tradicional cita celebrábase ao longo de dúas xornadas: unha primeira dedicada aos colexios —ao ser día lectivo— e outra para o público xeral. Así, o concelleiro de Cultura, Liso González, sinala que desde o Concello tomouse a decisión de concentrar os actos nun só día, precisamente, co obxectivo de incentivar a participación e o mantemento dos Maios e da tradición cultural galega. Non obstante, estase a manter conversacións coas ANPA da vila para que non se resinta a participación e incluir tamén aos escolares na celebración do día 1.


O formato volve a ser o mesmo de anos anteriores, polo que será de carácter non competitivo. Si se repartirán gratificacións de 175 euros aos grupos participantes. Unha cuantía que, ademais, aumentará coa participación dun patrocinio externo dunha empresa, que dará unha gratificación extra que aínda se mantén en segredo. As inscricións teñen que realizarse na biblioteca municipal Luís Rei antes do próximo mércores 30 de abril.


Os participantes, en calqueira caso, deben cumprir unha serie de requisitos coma ter un mínimo de un metro de alto y 70x70 centímetros de base, además de estar feitos con materiais tradicionais e estar relacionados coa data na que se celebra. A partir de aí, o deseño e o formato é libre, recalca González.
O desfile, como é habitual, partirá da Praza do Concello, as 11 horas, ata Torrado, aínda que en caso de choiva a actividade trasladarase ao Salón Peña. Non faltará tampouco a participación de asociacións e grupos culturais da zona. En canto ás actuacións e coplas dos grupos, os participantes terán un máximo de 20 minutos e, como mínimo, deberán ter dúas pezas musicadas. Ademais deberán entregar unha copia das letras ao Concello.


Desta maneira, a Concellería de Cultura volve así a invertir na preservación dos Maios, apostando por axudar economicamente aos grupos participantes coa creación das montaxes. Unha axuda que, este ano, vese incrementada polo oportuno patrocinio externo dunha empresa privada, que provocará que as gratificacións para os grupos se vexan incrementadas, polo que se espere que aumente unha participación que, por outra banda, xa creciu noutros anos. 

 

A implicación de todos os grupos para incentivar a cultura propia

O obxectivo do Concello non é outro que o de incentivar a implicación nunha tradición que celebra a chegada dunha primavera que, este ano, trouxo consigo moita choiva nestes primeiros compases. O certo é que nos últimos anos si se apreciou —e non só en Cambados— unha maior participación. Así tamén o recoñece González, que sinala que o ano pasado ata participaron usuarios do centro de día. Unha cita, así, interxeracional na que se poderán apreciar as composicións elaboradas polos grupos e escoitar as coplas deseñadas para a ocasión.

Cambados mantén viva a tradición dos Maios cunha xornada de festa e gratificacións aos participantes

Te puede interesar