José María Mouta leva algo máis dunha década como presidente da Asociación Ibérica da Camelia (AICAM). Fala desta planta con paixón e agarimo, ata o punto de ter unhas 150 e seguir querendo máis. Hoxe cóntanos as virtudes desta especie que tan ben se dá na nosa terra.
Para formar parte da asociación hai que ter camelias ou simplemente con ser afeccionado é suficiente?
A nosa intención é que non faga falta que teñas camelias. Invitamos a que a xente veña para meterlle un pouquiño ese gusto pola camelia. Despois, é importante que vaian adquirindo as que lles gustan para que estean orgullosos de telas expostas nunha mostra. E isto vai a máis.
Cada vez hai máis afección?
Si. O normal é que cando fas unha exposición e a xente ve tantas variedades diga “guau”. Pensan que só hai a vermella, a branca e a xaspeada. Ese é o reto noso, que a xente entenda que a camelia ten un amplo abano.
Dentro dese amplo abano, ten algunha favorita?
A red leaf bella para min é unha camelia espectacular. Chámanlle a camelia negra, porque é avermellada carmesí, moteada con negro nas puntiñas. E cando bota os brotes, son negros. Eu teño sobre unhas 150 camelias. Gústanme todas e quero máis.
A AICAM logrou que Cambados por fin tivese unha mostra da camelia. Cando se fai?
Sempre se fai a segunda semana de marzo, porque estanos irmandados con Celorico de Basto, en Portugal, e eles sempre a fan a mediados. Así nós podemos ir á súa e eles vir á nosa.
E como vai funcionando? Participa moita xente?
Vai crecendo e nos últimos anos estase incorporando xente do estranxeiro, de Turquía ou Lituania, por exemplo. Esperemos ter máis xente doutros países, que por iso é unha Mostra Internacional.
Entón tamén se dá a camelia por eses lugares que me comentou?
É complicado, pero si hai cultivadores que teñen aquelas zonas moi coidadiñas e si poden telas.
Pero mellor aquí, non?
Si, polo clima atlántico noso somos os reis neste aspecto. Toda Galicia e o norte de Portugal somos unha potencia europea e incluso mundial, porque temos moitas variedades de camelias que outros países non teñen, son rexistradas en Galicia. Creáronse aquí nos xardíns de Galicia e levan nomes galegos, como Mencía, por exemplo.
"Todo o té que se consume no mundo sae da camelia e temos unha zona idónea para facelo. É curioso que non o explotemos"
E as Rías Baixas son especialmente propicias, dentro de Galicia?
É o sitio idóneo, por climatoloxía. É verdade que no norte tamén se dá moi ben, pero aquí temos o sol xusto e a cantidade de humidade perfecta. Canto máis pegada ó mar, mellor.
A parte da Mostra, que outras actividades fan na asociación?
Facemos saídas a outras exposicións e antes do Covid estabamos facendo algún taller, que queremos retomar e incluso facer algún de montaxe de mesas, para que a xente aprenda como se colocan as flores nas mostras. E o noso reto é levar a camelia ó estranxeiro, non só a Portugal senón ó resto de Europa. Hai algún proxecto, estamos mirando, pero sacala fóra hai que facelo con moito mimo.
Son fáciles de coidar?
Son todoterreo. A terra xa a temos, que é ácida e é o que necesita a camelia. Cli matoloxía, tamén a temos, e non nece
sita un coidado especial. De feito, moitas veces vemos as camelias abandonadas e siguen brotando. É moi dura e resistente.
Sacámoslle todo o proveito que poderiamos ou sigue sendo algo fundamentalmente ornamental?
Non lle estamos quitando o potencial que tiñamos que quitarlle. Está o aceite de camelia, que ten un valor alto e non o estamos aproveitando. Non temos plantacións e é unha actividade económica que podería ser interesante para a zona. Actualmente, se queres facer aceite tes que ir a xardíns particulares, xente que ten coleccións, que é onde podes adquirir a semente para prensala e obtelo. Aparte, hai unha variedade que é a raíña aquí en Galicia, a xapónica, que se a plantas agora tardará uns anos en adquirir un volume para dar unha certa cantidade de aceite.
E ese aceite, que propiedades ten?
Basicamente cosméticas. Tamén se pode consumir, hai grandes chefs de estrela Michelín que o utilizan, pero non é o habitual, polo seu prezo.
A camelia vén de Asia, non sei se alí teñen constancia da potencia que somos neste eido.
Si, saben ben e valórannos moito, porque creamos camelias. E eles agora xa queren ter as nosas.
Tamén temos a ruta da camelia...
Si. Vanse engadindo cada vez máis pazos e é interesante turisticamente, sobre todo no inverno, porque é flor de inverno. O que si boto de menos é que concellos non entrasen en rutas, porque hai nos que teñen verdadeiras xoias en camelias. E incluso non telas só nos pazos, senón que a xente puidese pasear por parques onde houbese camelias. Para os negocios incluso sería bo.
Algunha curiosidade sobre as camelias que non sexa tan coñecida?
A xente non sabe de onde vén o té. Todo o té que se consume no mundo sa
e da camelia. Vén da variedade sinensis. Temos unha zona idón
ea para facer té e é curioso que non o esteamos explotando tanto o t
é como o aceite.