Celebramos o remate doutro ano. Un ano que deixa cifras altas de contaxio, pero tamén a consolidación dos procesos de vacinación e a demostración plena da eficacia do seu subministro. Segue a ser prioritaria a responsabilidade, esa ecuación de tres variables que pasa pola vacinación, polo uso protector da mascarilla e por manter a distancia social. As prioridades obrigan a todxs e non podemos caer na chantaxe habitual de enfrontar á economía coa saúde. Hai discursos que só buscan a distorsión e que só pretenden sementar confusión e complicar o argumento do que sempre tivo condición de razón e sentido. A responsabilidade é un exercicio que precisa de cordura e de sensatez. Non pode ser que a primeira Paz Padilla de turno, porque teña un micro nunha tele, fale inoportuna e desafortunadamente, mal das vacinas. É ben certo que o baleiro da intelixencia e do rigor é rapidamente ocupado pola banalidade dos vendedores de fume. Non somos realmente conscientes dos danos colaterais que provocan. A prioridade ten que ser vivir. E temos que priorizar en desenrolar políticas sanitarias e sociais, que permitan consolidar sociedades onde a prevención, sexa a práctica básica que evite ameazas maiores. Empeza un novo ano, que agardamos sexa mellor, e que veña con temas ben diferentes. Precisamos que cheguen tempos de viaxes e de despreocupación; de apostas lúdicas e de compartir espazo e tempo; necesitamos deseñar escapadas e rutinas, que non precisen incluír medidas complementarias. Para a socialización que pretendemos, deberemos facer os esforzos hoxe. E iso non admite demoras. As prioridades están claras, e son os piares básicos para a correcta normalización da convivencia. Que o ano que chega sexa para todxs, de perfil alto e felicidade contaxiosa.
O silencio fértil de evocarte –dixo El– edifica emocións amplas coma torres. Traen a luz cálida dos momentos felices e a altura de agulla de sentirte...