O Partido Socialista de Valga insta ao goberno local a que leve acabo a limpeza dos ríos tanto de Valga coma da zona de Louro. Os socialislistas, indican que preservar a fauna e flora dos entornos dos ríos é fundamental tanto para a diversidade na localidade coma para o futuro verde para o concello.
A través das súas redes socias e ilustrando as súas palabras cunha imaxe dun dos ríos da zona, representantes do PSOE de Valga solicitan que se aprobe unha ordenanza sobre o mantemento dos entornos fluviais do concello. Neste mesmo escrito, os socialistas solicitan “un pacto local sobre esta material”.
Así, señalan que desde o concello é importante abordar a prohibición de vertidos contaminantes nestas zonas, controlar a calidade da auga dos diferentes ríos e levar a cabo a limpeza dos entornos fluviais. Ademais, indican, sería preciso que, dende o goberno local, se puidera levar un control da acción humana sobre estas paisaxes.