O BNG do Salnés, coa deputada Montse Prado á cabeza, denuncia que os Orzamentos da Xunta non teñen en conta as necesidades da comarca e que, ademais, son unha "cuestión de fe". A representante no Parlamento sinala que os 40 millóns de euros que anunciaron cargos como Raúl Santamaría ou o delegado da Xunta, Agustín Reguera, non se reflicten nas partidas que, ademais, se "repiten" con respecto a outros anos.
Prado pon exemplos, neste senso, como a ampliación do porto de Sanxenxo, xa presente nos presupostos de 2024 e 2023; o saneamento na Illa, para o que aparece unha partida dun millón para un plan a executar entre 2021 e 2025 do que, dixo, non hai nada feito e para o cal xa o ano pasado aparecía unha dotación de cen mil euros. "O que vemos é cambiar números", apuntou a cambadesa, que tamén sinalou á lonxa de Tragove ou á ampliación da depuradora de Vilagarcía, para a que se recollen algo máis de 800.000 euros para un proxecto orzamentado en máis de trinta millóns.
Algo claramente "insuficiente" para o Bloque Nacionalista Galego que pon precisamente no saneamento da Ría de Arousa, "principal motor da nosa comarca", o acento das súas alegacións. Pero tamén outras cuestións relacionadas co sector do mar, como o Plan de equipacións dos portos pesqueiros para el que, dijo Prado, "a xunta anuncia trinta millóns en cada porto ao que vai pero non destinou nin un só nin en 2024 nin en 2025. É unha auténtica prioridade".
As parcelarias, como a de Catoira, que leva décadas á espera e sen avances; a saturación da xustiza en Camabados pero, sobre todo en Vilagarcía, para a que piden "a necesaria cuarta sala"; a sanidade, cunha aposta polo público fronte aos 22 millóns que, denuncian, se destinan ao Quirón Salud na área sanitaria "en vez de apostar por invertir nos hospitais públicos para que teñan capacidade para acoller a máis doentes"; residencias públicas, nunha comarca, O Salnés, na que soamente hai concertadas en Ribadumia e Vilagarcía e que, advertiu Prado, pódense perder cando os respectivos centros así o decidan; e a vivenda, a gran preocupación social nestos momentos e para a que, denuncia o BNG, as medidas que se toman nos orzamentos son para "beneficiar aos fondos buitre". "Retrocedemos con respecto a hai anos".
Polo demais, os nacionalistas reclaman un cambio na mobilidade pública na comarca, con localidades totalmente desconectadas unhas das outras a no ser en vehículo privado e unha solución para o abastecemento de auga na comarca, sobre todo no Grove que no verán, co incremento da poboación, ten "un auténtico problema".
Tamén criticou Prado que as partidas nos colexios que aparecen reflectidas nos Orzamentos son só as do CIP e a do Arealonga. O resto do anunciado polo PP, repetiu, é "cuestión de fe".
As alegacións xa están en marcha e o prazo para presentalas remata en novembro (o 18 é o debate e a aprobación definitiva está marcada para o 17 de decembro). Para Montse Prado a proposta dos populares é "unha nova oportunidade perdido" e un exercizo de "debuxo" sobre documentos anteriores. Ademáis, sinala que partidas como a de Sanidade, Política Social ou Mar "medran por debaixo" dun orzamento que "está na metade" que no 2009. Fenómeno contrario sucede, según a cambadesa, coa partida destinada ao pago dos xuros de demora da débeda.