Os Xigantes e Cabezudos máis inclusivos deron inicio a unhas festas que hoxe vivirán a Farsa

A Danza de Espadas poderá verse na procesión solemne das sete e media da tarde

Os Xigantes e Cabezudos máis inclusivos deron onte o pistoletazo de saída ás festas do Santiago Apóstolo de Carril, unhas das máis importantes nesta localidade vilagarciana. Foron eles, ao ritmo dos pasarrúas, os que puxeron o ambiente para unha programación que hoxe ten o seu día grande.


De feito os Xigantes e Cabezudos estarán no arranque da xornada a partir das once da mañá, acompañados pola Banda de Música de Vilagarcía e pola charanga Mil 9 e os grupos de gaitas Os Terribles de Arousa e Brisa do Ulla. Ás doce será a misa solemne cantada polo coro San Félix de Solobeira e á unha da tarde a banda ofrecerá un concerto na Praza da Liberdade. O momento máis especial e vistoso das festas de Carril chegará a partir das sete e media da tarde da man da procesión solemne coa tradicional Danza de Espadas ou Farsa. Tamén aquí estarán os Xigantes e Cabezudos. Xa pola noite a verbena correrá a cargo da Orquesta Fuego e de actuación de varios Djs ata altas horas. 

Os Xigantes e Cabezudos máis inclusivos deron inicio a unhas festas que hoxe vivirán a Farsa

Te puede interesar