O Soño de Lilith é un deses colectivos imprescindibles para vertebrar a sociedade nas comarcas arousás. A súa loita pola igualdade efectiva non só se circunscribe ás datas sinaladas polo calendario das efemérides e do politicamente correcto, senón que fan desta xusta causa un xeito de vida que debe comezar desde o berce. Un mundo con discriminacións, diferencias e sometementos ao machismo non cabe nunha sociedade digna e O Soño de Lilith está aí para lembrar que o futuro será feminista ou non será. Grazas por espertar conciencias. Adiante!